Thursday 19 de September de 2024

Novas actividades gratuítas para rapazada nas Casas da Mocidade de Oleiros durante o mes de xuño


Durante o mes de xuño terán lugar numerosas actividades e obradoiros gratuítos no Centro da Mocidade das Pedras (Perillo) e en Portaberta (Santa Cruz) para xuventude entre 14 e 30 anos.

As Casas da Mocidade levan adiante unha nova programación para o mes de xuño no que destacan as seguintes actividades e obradoiros:

07-08/06/2024: MURAL INSPIRADO NO SAN XOÁN CON ACCEM, AS PEDRAS, 17:00h a 22:00h.

07/06/2024: INICIACIÓN AO STREAM, PORTABERTA, 17:30h a 19:30h.

14/06/2024: KARAOKE, AS PEDRAS, 17:30h a 21:00h.

15/06/2024: TORNEO DE BILLAR BRASILEIRO, AS PEDRAS,17:30h a 22:00h.

15/06/2024: OBRADOIRO DE COCIÑA “XOGO DE TRONOS”, PORTABERTA, 17:30h a 19:30h.

22/06/2024: II FOLIADA DA MOCIDADE, AS PEDRAS, 19:30h a 23:00h.

22/06/2024: NOITE DE XOGOS E DURMIDA, AS PEDRAS, 22:00h a 12:00h.

28/06/2024: KAIAK EN MERA, 09:00h a 11:45h.

28/06/2024: PADDLESURF EN MERA, 12:00h a 14:45h.

MOCIRADIO (data a determinar)

A inscrición nas actividades é gratuíta e finaliza o domingo anterior á realización da mesma.

Información e inscricións en centrosmocidadeoleiros.wordpress.com e teléfonos 981977944 e 981614083.